Declaración de apoio aos chalecos amarelos e á xente traballadora francesa

Os chalecos amarelos e a xente traballadora levan a cabo unha heroica loita contra o axuste e o goberno de Macron.Con piquetes e mobilizacións masivas enfróntanse á represión estatal, e con ocupacións de centros de ensino secundario en contra do plan de precariedade laboral. A pesar do boicot á burocracia sindical e aos partidos do sistema, esta loita acadou unha primeira vitoria importante, obrigando ao goberno de Macron a suspender os aumentos de combustible, imposto sobre o carbono e tarifas de electricidade e gas, así como aumentar o salario mínimo.

A pesar desas vitorias parciais, o movemento continuo de loita, esixindo a restitución do imposto ás grandes fortunas e incluso a dimisión do propio goberno, abrindo así unha profunda crise do poder político en Francia. Crise que no seu conxunto cuestiona o proxecto capitalista de axuste da Unión Europea.

Dos Anticapitalistas en Red, xunto co Partido dos Traballadores Socialistas de Turquía e a Organización Internacional Socialista dos Estados Unidos, Enviamos o noso apoio solidario aos chalecos amarelos e á xente traballadora francesa. Se triunfan, fortaleceremos aos traballadores e pobos de toda Europa e do resto do mundo contra o axuste capitalista que nos aplican os réximes de cada país..

Viva a loita dos chalecos amarelos e do pobo traballador francés!!
Viva a clase traballadora mundial!

Anticapitalistas en Red - Partido dos Traballadores Socialistas (Turquía) - Organización Internacional Socialista (EEUU)

Reproducido a partir de Anticapitalistas na rede

19.12.2018